ASOCIACIÓN FORSAGAL - Formación Sanitaria de Galicia

Somos unha asociación comprometida coa formación continuada e especializada do persoal sanitario, a formación en soporte vital básico en calquera sector social e profesional, a implantación de desfibriladores en espazos públicos, a educación socio-sanitaria da poboación e a investigación en materia de saúde.

 

Formación homologada en Soporte Vital para o persoal sanitario

 

Formación en Soporte Vital Pediátrico

 

Certificación para o uso de desfibriladores fora do ámbito sanitario

 

Primeiros Auxilios adaptados a calquera sector profesional

Descubre a cadea que salva vidas

Todas as sociedades científicas de ámbito nacional e internacional (SEMFYC, SEMES, SEMICYUCCERCP, ERC,  AHA, etc.) demostran cos seus estudos que para poder aumentar a supervivencia ante unha parada cardiorrespiratora, resulta imprescindible que toda a poboación coñeza as técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores semiautomáticos para comezar a aplicalas antes da chegada dos servizos de emerxencias sanitarias.

Formación con garantías

Solicítanse "Recoñecemento de Interese Sanitario da Consellería de Sanidade".

Solicítanse Creditos de Formación Continuada para as profesións sanitarias.

 

Formación pertencente ao programa ESVAP (Ensino do Soporte Vital na Atención Primaria)

Instructores acretidos por entidades pertencentes ao Consello Español de RCP (CERCP)

Próximos cursos:

Curso: Soporte Vital Avanzado Cardio-Trauma

Lugar: Ourense

Data: 22-23/05/2024

Dirixido a: Persoal de medicina e enfermería

Máis info.: Inscircións

Descontos: Residentes, estudantes e Forsagal

Curso: Soporte Vital Inmediato

Lugar: A Coruña

Data: 27/04/2024

Dirixido a: Persoal de medicina, enfermería e TES

Máis info.: Inscircións

Descontos: Residentes, estudantes e Forsagal

Séguenos en redes: