Somos unha asociación comprometida coa formación continuada e especializada do persoal sanitario, a formación en soporte vital básico en calquera sector social e profesional, a implantación de desfibriladores en espazos públicos, a educación socio-sanitaria da poboación e a investigación en materia de saúde.
Todas as sociedades científicas de ámbito nacional e internacional (SEMFYC, SEMES, SEMICYUC, CERCP, ERC, AHA, etc.) demostran cos seus estudos que para poder aumentar a supervivencia ante unha parada cardiorrespiratora, resulta imprescindible que toda a poboación coñeza as técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores semiautomáticos para comezar a aplicalas antes da chegada dos servizos de emerxencias sanitarias.