Todas as sociedades científicas nacionais e internacionais (SEMFYC, ERC, SEMES, AHA, CERCP, SEMICYUC, etc.) demostran cos seus estudos que para salvar unha vida é imprescindible que toda a poboación coñeza as técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores semiautomáticos para comezar a aplicalas antes da chegada dos servizos de emerxencias sanitarios.
En FOSAGAL estamos comprometidos coa formación en RCP e a implantación de desfibriladores en espazos públicos.